Suspéndese a andaina da Santa Compaña por mor da chuvia

RIANXO> O concello de Rianxo e a Sociedade Deportiva Barbantia Roda informaron da suspensión, por mor das malas previsións meteorolóxicas, da andaina da Santa Compaña prevista para mañá sábado. Na proba había inscritas unhas 1.100 persoas. A celebración da andaina terá lugar finalmente o día 7 de setembro, abríndose un novo prazo de inscricións ata o xoves 5 de setembro,. As persoas xa inscritas conservan o seu dereito a participar, sen ter que cubrir o formulario de novo. Por motivos organizativos, solicítaselle ás persoas que, estando inscritas, non vaian a poder participar o 7 de setembro, comuniquen a súa baixa no propio Servizo de deportes ou a través ds correos: deportes@concelloderianxo.gal ou  barbantia.eventos@gmail.com.