PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra reuniuse esta mañá cos representantes de Pedaladas. A xuntanza serviu para que este colectivo trasladase ao goberno municipal a súa preocupación pola actual solución da senda a Praceres. Os integrantes da asociación piden que se incorpore un dos carrís da autovía de Marín ao segundo tramo do paseo. Unha proposta que, segundo informou o edil de Desenvolvemento Sostible, será trasladada ao Ministerio de Fomento.
A actual solución da senda de Praceres é insuficiente para os integrantes de Pedaladas. O colectivo reuniuse esta mañá co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural para plantexarlle a posibilidade de incorporar un dos carrís da autovía de Marín ao segundo treito da senda peonil, tal e como se fará no primeiro tramo.
O Concello de Pontevedra mostrou esta mañá a súa intención de trasladar este novo proxecto ao Ministerio de Fomento. Unha senda que, segundo os representantes de Pedaladas podería converterse, nun futuro, no gran “roteiro do colesterol”.
Este non foi o único asunto tratado na reunión desta mañá. Os integrantes de Pedaladas falaron tamén do estado e das posibilidades de tramitación das vías verdes de Pontevedra. Entre elas, a senda de Arcade.
Outra das propostas presentados esta mañá por Pedaladas foi a conexión do Monasterio de Lérez co Mirador de Monte Porreiro. Tamén a creación dunha senda verde que atravese toda a fachada Atlántica da provincia e que conecte coa cidade do Lérez a vía proxectada entre Portas e Vilagarcía. Dous proxectos, iso si, a longo prazo.
Comments are closed.