BOIRO> A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá o campamento de Espiñeira en Boiro. Polas instalacións pasaron este verán en varias quendas uns catrocentos nenos procedentes de distintos municipios da comunidade.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse esta mañá ata Boiro para visitar o campamento xuvenil de Espiñeira enmarcado na Campaña de Verán 2019 da Xunta de Galicia. Durante a visita Cristina Pichel destacou a importancia deste tipo de iniciativas, que permitiu que uns 400 rapaes, repartidos en catro quendas, puideran desfrutar dunhas merecidas vacacións con actividades e xogos, mentres se facilitaba a conciliación das súas familias.
Posteriormente a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado achegouse a Ribeira, concretamente ó Parque Natural de Corrubedo, para coñecer de primeira man as labores medioambientais que están a levar a cabo un grupo formado por uns vinte voluntarios que colaboran no mantemento dos espazos naturais, reconstruíndo e consolidando sendeiros, eliminando especies alóctonas e informando e concienciando ós visitantes na necesidade de protexer o medio.