Os comerciantes da Zona Monumental recollen firmas pola apertura provisional da Ponte do Burgo

PONTEVEDRA> A Ponte do Burgo continuará pechada ao tráfico peonil ata outubro. Así o anunciou esta mañá o goberno municipal. Esta decisión non gustou nada nin aos comerciantes nin aos veciños da Zona Monumental. Por iso, nas últimas horas decidiron iniciar unha recollida de firmas para esixir ao Concello, unha vez máis, que habilite un acceso peonil na ponte.

O peche da Ponte do Burgo segue traendo graves consecuencias para os veciños e comerciantes da Zona Monumental. O Concello recordou nas últimas horas que este viaduto seguirá pechado ata o mes de outubro. Por iso, os locais da Rúa Real decidiron iniciar unha recollida de firmas para seguir presionando ao goberno municipal a que habilite un acceso peonil.

Os comerciantes da Zona Monumental aseguran que cada vez son máis latentes as perdas económicas que está a causar o peche da ponte do Burgo.

O goberno municipal decidiu pechar a ponte do Burgo o pasado 8 de xullo co obxectivo de axilizar as obras. Unhas obras que, tal é como asegurou o Concello esta mañá, estarán rematadas no mes de outubro. Esta situación obriga aos veciños a cambiar as súas rutinas e a utilizar outras pontes e rutas alternativas.

Os comerciantes desta zona aseguran que seguirán presionando ao goberno local ata conseguir a apertura provisional da Ponte do Burgo.