PONTEVEDRA> Máis de 26.000 persoas pasaron durante o verán polo Museo de Pontevedra para ver en directo ‘A derradeira leición do mestre’. De feito, tense convertido na exposición temporal máis vista da historia do museo. A obra cumio de Castelao, que representa o fusilamento de Alexandre Bóveda, regresa agora a Bos Aires.
‘A derradeira lieición do mestre’ pechou como a exposición temporal máis vista da historia do Museo de Pontevedra. 26.375 visitantes pasaron polo Edificio Castelao para contemplar en directo o óleo no que o artista representa o fusilamento de Alexandre Bóveda.
Agora o cadro regresará a Bos Aires, na Arxentina, despois de tres meses no museo pontevedrés. O día de maior afluencia de visitantes foi precisamente o último, cando se achegaron ao edificio 644 persoas. Unha cifra record que mesmo obrigou a ampliar a capacidade da sala e a retrasar uns minutos o peche.
O Museo anunciou tamén que nos vindeiros días porá en marcha unha exposición virtual sobre esta obra cumio de Castelao. Pensada para que poidan achegarse a ela todas aquelas persoas que non puideron vela en directo.
‘A derradeira leición do mestre’ iniciará a súa viaxe de regreso á capital arxentina o vindeiro 1 de outubro. Partirá de Pontevedra a Madrid e, dende alí, dirixirase a Alemaña para regresar a Bos Aires o día 5.










