“A memoria neta”, o documental que conta a historia das vítimas pontevedresas do franquismo

PONTEVEDRA> O Teatro Principal acollerá o 27 de novembro a estrea do documental “A memoria neta”. Un traballo sobre memoria histórica enmarcado nos actos que realiza cada ano o Concello de Pontevedra para homenaxear ás vítimas do franquismo. A cita será o vindeiro mércores ás 20:30 horas.

Ese é o obxectivo deste documental. Un traballo enmarcado na homenaxe ás vítimas do franquismo que realiza cada ano o Concello de Pontevedra. Esta vez, o goberno municipal decidiu transmitir a represión franquista a través de 14 voces de 8 familias pontevedresas: Gama, Arruti, Lores Torres, Gamallo Adrio, Caamaño, Paz, Bóveda e Dios. A esta última pertencía Serafina Dios Vázquez. A nai desta muller que hoxe contaba así a súa historia.

O documental “A memoria neta” está dividido en 7 partes: o silencio, o relato, o que pasou, o ronsel, a memoria herdada, a ferida e a loita. 7 ideas unidas polo traballo da guionista Montse Fajardo e do realizador Xan Xiadas.

A estrea da memoria neta terá lugar o mércores 27 ás 20:30 horas e a entrada será de balde ata completar aforo. Neste acto tamén se realizará unha pequena homenaxe aos 10 pontevedreses asasinados o 12N.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí