O Goberno Local saca a licitación 4 millóns de euros para melloras no concello

Pontevedra> O concello de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno Local extraordinaria, a contratación de 6 obras e o inicio de licitación doutras 5, todas elas suman un total de 4 millóns de euros. Ademais o Goberno tamén aprobou nesa xunta de goberno a prorroga do contrato da auga, por un tempo máximo de 6 meses.

O voceiro do Goberno Local anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga do contrato da auga durante un prazo máximo de 6 meses.

Ademais, esta Xunta de Goberno Local extraordinaria, tamén deu o visto bo a contratación de 6 obras e o inicio de licitación doutras 5, todas elas suman un total de 4 millóns de euros. Entre as obras adxudicadas está a mellora lumíncia da parroquia da Canicouva e dos lugares de Acevedo e Rañadoiro en Ponte Sampaio por un valor de máis de 195 mil euros á empresa Setga.

Aprobación de dous contratos de ferramentas informáticas do concello, adxudicación da rehabilitación da Fontaíña, na parroquia de Lérez, a rehabilitación da vía que une Muíños e Ferreirós en Campañó e a mellora da accesibilidade na contorna do IES Torrente Ballester. En relación ás obras que inician o proceso de contratación son: o parque infantil de Campolongo, por un importe de 300 mil euros. Dende o concello agardan porder executar este proxecto de cara a finais do verán.

Outro dos traballos que se inician en contratación é unha ferramenta para a contabilidade de custes do concello,  o plan de atención familiar a menores que sae a contratación por 99 mil euros ao ano, a aprobación da contratación do campo de fútbol de Campañó por 999 mil euros e o de Ponte Sampaio por 2,3 millóns de euros.