O mercadillo de antigüidades seguirá na Rúa Serra, deixando libre o acceso á Praza

PONTEVEDRA> O mercadillo de antigüidades continuará na rúa Serra. Pero, con limitacións. A concelleira de Promoción Económica mantivo esta mañá unha reunión cos vendedores. Nela, se acordou ocupar, unicamente, os extremos da rúa, deixando libre a entrada á Praza de Abastos.

A Rúa Serra seguirá acollendo o mercadillo de antigüidades. Iso si, co obxectivo de dinamizar a zona e de evitar problemas de acceso á Praza de Abastos, a súa actividade verase reducida aos extremos da rúa, deixando libre o frontal do Mercado. O que queda agora por determinar é o número de postos que estarán autorizados.

Outra das decisións tomadas esta mañá polo goberno municipal e polos vendedores foi a de potenciar e unificar o mercadillo de antigüidades cun cambio na estética.

Os vendedores, pola súa parte, mostráronse dispostos a colaborar co Concello á hora de potenciar e regularizar este mercadillo.

Tras esta última reunión, o goberno municipal e os vendedores acordaron traballar conxuntamente durante as vindeiras semanas para solucionar todos os problemas que xurdiron arredor do mercadillo de antigüidades.