Oitocentos corredores tomarán parte na carreira popular Mar de Boiro

BOIRO> Este domingo celebrarase a decimo cuarta edición da Carreira Popular Mar de Boiro. De momento xa hai máis de seiscentos inscritos que poderían chegar ata oitocentos.

Boiro acolle esta fin de semana unha das probas de atletismo máis senlleiras do municipio. A dcarreira popular Mar de Boiro-Memorial Pepe Buceta chega este domingo á súa decimo cuarta edición batendo récord de participación.

Como en anos anteriories, dividirase en tres distancias: a carreira mini, a escolar e a absoluta. A primeira para nenos de ata sete anos anos será de tan só douscentos metros mentres que os escolares percorrerán dous kilómetros e medio polas rúas de Boiro.

A carreira para adultos componse de dez kilómetros con puntos de inflexión no tres e a partir do sete.

Dende o concello fan un chamamento ás familias a participar cos rapaces posto que o deporte constitúe o mellor exemplo para a educación en valores. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves a medianoite, a través da web emesports.es