As Raíñas Magas percorren Boiro

BOIRO> Os nenos boirenses recibiron hoxe a visita das raíñas Magas de Oriente. As súas maxestades realizaron un percorrido polas distintas parroquias para recoller as cartas dos pequenos na véspera da cabalgata tradicional.

Máis madrugadoras que os Reis, as Raíñas Magas percorreron hoxe tódolos recunchos de Boiro para recoller as últimas cartas cos desexos dos cativos. Comezaron o seu percorrido a mediodía en Abanqueiro onde foron recibidas, ademais de por multitude de nenas, polo alcalde e varios concelleiros da corporación boirense.

Inserto

Esta vista das magas é a antesala da cabalgata tradicional que sairá mañá ás cinco da tarde da zona da Magdalena. Concluirá  na praza do concello onde ademais da recepción real terá lugar unha gran festa con chocolatada para tódolos boirenses.

Inserto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí