Alba Manzanedo faise co concurso de carteis da mostra de curtas de Noia

NOIA> A artista noiesa Alba Manzanedo vén de resultar gañadora do concurso do cartel da XX edición da Mostra de Curtas Vila de Noia. A súa obra será este ano a imaxe oficial do festival.

A sede de Noia Histórica foi o lugar escollido para a entrega do premio. Da patronal noiesa partiu a idea de celebrar este concurso para elixir a imaxe do cartel do festival, coincidindo ademais este ano co seu vinte aniversario.

Ó concurso presentáronse un total de nove traballos, do que resultou gañador o presentado por Alba Manzanedo. A artista mostrouse orgullosa polo galardón, agradecendo tanto á Asociación como ó propio Concello por darlle a oportunidade de ser a imaxe da mostra este ano.

O edil de Cultura, José Pérez, aproveitou a ocasión para dar a coñecer algunas das novidades da Mostra deste ano, que se desenvolverá do 31 de outubro ó 9 de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí