PONTEVEDRA> A Finca Batacos, en Pontevedra, acollerá esta fin de semana un Showroom de Vodas e Comuñóns. Unha iniciativa organizada pola plataforma PonteLovers en colaboración coa empresa La Boda de Nerea. En total, na pasarela participarán unhas 26 firmas e o evento será retransmitido por streaming.
PonteLovers e La Boda de Nerea levarán a cabo esta fin de semana un Showroom de Vodas e Comuñóns. Farano en Salcedo, en concreto na Finca Batacos. Un evento que contará con 26 firmas provedoras e que será conducido pola presentadora Eva Iglesias.
Ademais da pasarela, este evento contará cunha sección denominada “Cámbiame”. Nela realizarase un cambio de imaxe integral a unha voluntaria.
Neste showroom haberá tamén numerosas sorpresas. Polo de agora, a organización só adiantou que estará presente o chef Iñaki Bretal.
O Showroom de Vodas e Comuñóns desenvolverase o sábado e o domingo en horario de 16:00 a 20:00 horas. O evento será retransmitido vía streaming.