O PP crea unha comisión de vixilancia e control dos contratos do Concello

PONTEVEDRA> O Partido Popular creará unha comisión de vixilancia e control dos contratos do Concello. Unha comisión presidida e coordinada por Rafa Domínguez que terá tres departamentos: o económico, o técnico e o xurídico. Todos eles centraranse en saber en que, como e de que forma se gasta o diñeiro o goberno municipal.

Saber en que, como e de que forma se gasta o diñeiro o goberno municipal. Eses son os tres obxectivos principais que levaron ao Partido Popular a crear unha comisión de vixilancia e control dos contratos do Concello. Rafa Domínguez cre que é o seu deber como oposición investigar as contas da corporación local. Pero este non é o único motivo polo que os populares decidiron crear esta nova infraestrutura. Este grupo municipal cre que hai unha reiteración das empresas adxudicatarias nos concursos públicos e, ademais, cre que o Concello utiliza de forma indiscriminada unha fórmula que debería ser restrinxida: os contratos negociados sen publicidade.

A comisión estará presidida e coordinada por Rafa Domínguez e dividirase en tres departamentos: o económico, o técnico e o xurídico. Todos eles poñerán o foco, especialmente, en 5 contratos: o da auga, o do lixo, o dos composteiros individuais, o do campo de fútbol de Pontesampaio e un quinto que Rafa Domínguez non quixo desvelar.

Rafa Domínguez quixo deixar claro que non existe ningún tipo de indicio que levara ao Partido Popular a crear esta comisión, simplemente cre que esta actuación é a súa obrigación como concelleiro.