A Xunta quere previr as consecuencias das festa do San Xoán coa campaña ‘Goza do San Xoán con sentidiño’

POIO> Gozar do San Xoán pero con sentidiño. A xunta de Galicia lanza unha campaña de concienciación medio ambiental para a noite de San Xoán. A consellería creou un protocolo con 10 medidas entre as que se atopan levar xogos de cubertos reutilizables, a comida en tuppers e, sobre todo, limpar todo o lixo.

A noite de San Xoán vívese dunha forma especial en toda Galicia. Decenas de espazos son utilizados para prender as cacharelas e gozar delas con comida, bebida e música, o que provoca que a natureza sufra as consecuencias co lixo dos irresponsables. Para evitar que isto suceda a Xunta de Galicia lanza unha campaña de concienciación ambiental.

A Xunta pon especial interese nas cacharelas que se realizan nas zonas de costa, xa que segundo advirte, un 80% dos residuos que quedan nas praias acaban no mar. Para previr que isto non ocorra, a consellería creou un decálogo con 10 medidas para ter en conta á hora de asistir a unha cacharela.

Levar tuppers, bolsas reutilizables e non decoras as praias son outras das medidas. Pero a Xunta tamén impón controis aos concellos.

A presentación tivo lugar en Poio, un concello que conta cunha gran celebración na noite de San Xoán. Dende a vila piden á veciñanza que aplique as medidas da Xunta.

Un claro exemplo dano ambiental que producen os residuos da noite de San Xoán son as bolsas de plástico, cuxa degradación tarda 400 anos. De aí que sexa moi importante gozar do San Xoán pero deixándoo os espazos tan limpos como o atopamos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí