Lores sae do Concello de Pontevedra entre os berros e insultos dos traballadores de Ence

PONTEVEDRA> Máxima tensión na saída do alcalde de Pontevedra do Concello. Máis dunha decena de traballadores de Ence encerráronse no edificio municipal e recibiron a Miguel Anxo Fernández Lores entre berros. Os operarios chegaron incluso a golpear os vehículos dos membros da corporación.

Así recibiron os traballadores de Ence ao alcalde de Pontevedra cando este trataba de saír do Concello. Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado dalgúns dos edís do goberno local, foi recibido entre berros e insultos. Os operarios, que levaban case 4 horas encerrados no edificio municipal, chegaron a golpear incluso os vehículos dos membros da corporación.

Os operarios de Ence aseguran que a loita é o único camiño para conseguir a permanencia da fábrica en Lourizán e cren que o Goberno está levando a cabo unha caza para destruír os postos de traballo.

A presidenta do comité de empresa das oficinas de Ence tamén foi moi crítica coa actitude do Goberno e enviou unha mensaxe ao BNG e ao PSOE.

Mentres os traballadores estaban encerrados no Concello de Pontevedra, o comité de empresa de Ence mantiña un encontro telemático co secretario de Estado de Medio Ambiente. Nesa reunión, Hugo Morán comprometeuse a convocar unha mesa de traballo con todas as partes implicadas neste conflito. Algo que foi valorado así por CCOO.

O obxectivo deste encerro era conseguir unha reunión presencial coa ministra de Transición Ecolóxica en Madrid. Lugar ao que se desprazarán mañá para concentrarse diante da sede deste Ministerio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí