O PP preséntase como a única alternativa “ao independentismo e o populismo”

PONTEVEDRA> Dese desbloqueo falou tamén o presidente da Xunta de Galicia na celebración da xunta directiva do PP de Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo asegurou que o seu partido é a única alternativa ao independentismo e o populismo e fixo fincapé na necesidade de unir todos os votos que nas anteriores eleccións xerais se dispersaron cara Vox e Cidadáns.

“Converter a desgana en ganas para volver a gañar”. Ese é o obxectivo principal do PP de cara as novas eleccións Xerais e así o demostrou Alberto Núñez Feijóo na celebración da xunta directiva do PP de Pontevedra.

Alberto Núñez Feijóo cre que esta nova etapa debe estar baseada na estabilidade política. Unha estabilidade que o PP quere conseguir con María Ramallo ao fronte da provincia de Pontevedra. Neste eido, o presidente da Xunta de Galicia mostrouse tamén orgulloso de que Ana Pastor pase a ser a número 2 de Pablo Casado.

Javier Guerra encabeza a lista do PP para o Senado por Pontevedra. Un candidato con ampla experiencia porque xa fora congresista, parlamentario en Galicia e conselleiro. Con el e con María Ramallo ao fronte da provincia, o PP quere demostrar que o seu partido é sinónimo de estabilidade e que é a única solución para desbloquear España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí