PONTEVEDRA> Dende o concello tampouco dubidan en sinalar aos culpables da situación vivida durante o pregón das Festas. Carme da Silva asegurou que os traballadores actuaron mandados pola dirección de ENCE.
Criticou que non pararan as súas protestas durante a intervención da pregoeira, Violeta Mosquera, á que agradeceu a súa entereza.
Para da Silva, vivíronse momentos de ‘enorme violencia e agresividade’ e sinalou que a intervención dos axentes da Policía Local foi fundamental para evitar que se rexistraran feridos de gravidade. Ademais, a edil de Festas sinalou que un dos músicos sufriu lesións nun oído derivadas dos petardos que lanzaron os traballadores durante a protesta. Aínda se descoñece cal é o seu alcance.
O concello de Pontevedra estudará agora os atestados do suceso para decidir que medidas legais tomar.