O PSOE de Pontevedra aspira a conseguir catros deputados na provincia

PONTEVEDRA> O PSOE presentou esta mañá en Pontevedra a súa candidatura de cara as próximas eleccións xerais pola provincia. Dúas listas, a do Congreso e a do Senado, encabezas por Olga Alonso e Marica Adrio, respectivamente. Con elas ao fronte, os socialistas preséntanse como a única solución ao bloqueo actual de España e aspiran a conseguir un cuarto deputado na provincia.

Esta é a candidatura do PSOE para as próximas eleccións xerais por Pontevedra. Caras xa coñecidas e cunha ampla experiencia na política coas que o Partido Socialista aspira a conseguir, incluso, un cuarto deputado na provincia.

As catro persoas que encabezan a lista do PSOE ao Congreso son Olga Alonso, Guillermo Meijón, Ángeles Marra e Jorge María López Alonso. A do Senado a conforman Marica Adrio, Modesto  Pose e Daniel Chenlo. Dúas candidaturas lideradas por dúas mulleres comprometidas coa provincia de Pontevedra.

Na presentación desta candidatura, os socialistas non quixeron pasar por alto as listas presentadas polas demais forzas políticas de cara ás eleccións xerais. En concreto, o PSOE referiuse á decisión do PP de substituír a Ana Pastor por María Ramallo.

Todos os membros desta candidatura están convencidos de que o seu partido é o único capaz de desbloquear a situación actual de España. Por iso, para conseguir un goberno socialista, o PSOE asegurou esta mañá que levará a cabo unha campaña próxima á cidadanía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí