PONTEVEDRA> Esta mañá o BNG presentou o seu decálogo de dez compromisos coa cidade de Pontevedra. Propostas, din os nacionalistas, dun goberno da Xunta liderado polo Bloque que reme a favor da capital e da súa área de influencia.
Entre esas medidas, a ampliación do polígono do Campiño e a construción do de Fragamoreira, en Poio. O bloque tamén promete mente-lo uso sociosanitario do hospital provincial e mellora-la atención primaria en toda a área sanitaria.
Inclúen tamén neses compromisos, a dragaxe do Lérez e a recuperación de espazos como a Xunqueira de Alba. Tamén impulsar a variante de Alba e a variante do Vao, dez millóns de euros para Santa Clara ou reforza-lo papel do Museo de Pontevedra na cultura Galega.
Din que tamén crearán en Pontevedra unha residencia universitaria ou ampliar instalacións deportivas como o centro de tecnificación ou o centro de piragüismo do Pontillón.
Por último, tamén converterían Lourizán nun referente na investigación sobre o monte e o cambio climático e recuperarían a delegación da CRTVG en Pontevedra, pechada dende hai anos.
Os compromisos coa cidade fixéronos públicos esta mañá nun acto na ponte do Burgo.











