PONTEVEDRA> O “Carriño don Amable” chega ao Hospital Provincial para favorecer unha maior calidade de vida dos enfermos oncolóxicos e as súas familias. Trátase dunha iniciativa solidaria e gratuíta da Asociación Española contra o Cancro, que ofrecerá lectura, bebidas e comida aos pacientes do hospital de día.
A partires de agora, o “Carriño don amable” percorrerá os corredores do hospital de día do servizo de oncoloxía do Hospital Provincial. Trátase dunha iniciativa solidaria da Asociación Española contra o Cancro, que busca favorecer unha maior calidade de vida a pacientes e familiares.
O carriño funcionará de luns a venres entre as 10.30 e as 13 horas, e os venres tamén estará dispoñible polas tardes, entre as 16.30 e as 18.30. Os voluntarios da Asociación Española contra o Cancro serán os encargados de dirixilo.
Este “Carriño don Amable” xa funciona no Hospital Meixoeiro e no Hospital de Día do Álvaro Cunqueiro, en Vigo, e é só unha das múltiples iniciativas coas que a asociación colabora co Servizo Galego de Saúde.
En Galicia, a Asociación Española contra o Cancro conta con 7.700 voluntarios activos; un 35% máis que no ano 2016.