A calidade do aire de Pontevedra cumpre case ao 100% coas directrices da OMS

PONTEVEDRA> O Observatorio PO2 confirma que Pontevedra cumpre practicamente coa totalidade das directrices da OMS en relacións á calidade do aire. Ademais, este mesmo estudo constata a boa calidade da auga da billa da cidade.

Un estudo do Observatorio PO2 acaba de confirmar a boa calidade da auga da billa de Pontevedra. De feito, segundo este colectivo, a auga da Boa Vila é similar á embotellada.

No estudo realizado polo Observatorio PO2 constatase tamén que ningún dos puntos de captación de auga da cidade, é dicir, nin o encoro de Pontillón e nin o río Lérez, presentaron ningún problema de abastecemento ao longo do 2019. Ademais, segundo este colectivo, máis do 83% da poboación conta con acceso á rede municipal de abastecemento e o consumo por habitante sitúase en 114 litros por persoa ao día. Ademais, os prezos, tanto de abastecemento como de saneamento, mantivéronse estables nos últimos tres anos.

O Observatorio PO2 tamén analizou a calidade do aire de Pontevedra e chegou a conclusión de que a cidade do Lérez cumpre coas directrices da OMS.

Con estes datos sobre a mesa, Anabel Gulías quixo manifestar hoxe a satisfacción por parte do goberno local.