O Goberno Local tacha de “típica liada electoral” a proposta do PSOE

Pontevedra>E ante esta solicitude o Goberno Local non se fixo esperar. César Mosquera foi o encargado de tomar a palabra nesta xornada. Os nacionalistas teñen claro que o estado non ten pensado facer nada en relación a prórroga de ENCE,  e sobre esa mesa de negociación, consideran que se trata da “típica liada electoral” que non ten ningún percorrido. Dende a Xunta , pola súa banda, din que non teñen inconvinte en sentarse a negociar pero que eles sempre defenderán os intereses dos preto de 500 traballadores de Ence.

Dende o Goberno Local teñen clara cal é a estratexia do Goberno Central, correr un tupido velo, xa que o Goberno de Pedro Sánchez, din os nacionalistas, non van a facer nada en relación a prórroga outorgada a ENCE polo Goberno de Mariano Rajoy. Mosquera, o encargado de falar sobre este asunto a petición do alcalde, dixo esta mañá que a mesa de negociación trátase da típica xogada electoral sen ningún percorrido.

Dende o Goberno Local non entende a petición que fan dende o Goberno do PSOE, xa que os nacionalistas consideran que a única saída que hai para quitar a ENCE da ría é romper esa prórroga.

Dende o Goberno Galego tampouco comparten estas formas do Estado, pero din que non teñen incovinte en sentarse a negociar, iso si, deixan claro que eles seguirán defendendo os intereses dos máis de 500 empregados cos que conta na actualidade ENCE e dos máis de 70 mil produtores de madeira que dependen desta empresa.

O Goberno Central fala de negociación para o traslado da pasteira pero non pon cifras sobre a mesa nin di se será subvencionado dito traslado, un cambio de ubicación que tería un custe aproximado de 700 millóns de euros.