A Xunta pon en marcha as obras da senda peonil da PO-309

POIO> As obras da senda peonil da PO-309 xa están en marcha. Un proxecto moi demandado pola veciñanza de Poio e que dotará de maior seguridade viaria ao tramo que une Portosanto co enlace da AP-9. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 semanas e contan cun orzamento de case 49.000 euros.

Dotar de maior seguridade viaria esta estrada. Ese é o obxectivo principal da senda peonil que unirá Portosanto co enlace da AP-9. Unhas obras que deron comezo esta mañá e que responden a unha das demandas históricas dos veciños de Poio.

En total, 450 metros de lonxitude nos que se mellorarán os pasos de peóns e nos que se instalarán 14 novas luminarias.

As obras contan cun orzamento de case 49.000 euros e un prazo de execución de 3 semanas, aínda que este dependerá das condicións climatolóxicas.