O acondicionamento da contorna do CRA e do Centro Social de Lois xa é unha realidade

RIBADUMIA> En Ribadumia, a contorna do CRA e do Centro Social de Lois estrean nova imaxe. A zona foi obxecto dunha actuación de acondicionamento que dá resposta ás demandas dos propios veciños. No proxecto investíronse case 48.000 euros.

O acondicionamento da contorna do CRA e do Centro Social de Lois xa é unha realidade. O proxecto centrouse na zonificación dos usos e no cambio de accesibilidade ó recinto. A actuación superou os 48.000 euros.

Estas obras dan resposta ás demandas feitas polos propios veciños da zona, a través das distintas reunións por parroquias organizadas polo goberno local.

Noutro centro educativo, no Xulia Becerra Malvar tamén se levarán a cabo melloras. A Xunta comprométese a investir un millón de euros no colexio, investimento que celebran dende o Goberno local.

A esta achega da Xunta de Galicia, hai que sumar outra da Deputación, destinada á mellora da seguridade viaria na parte traseira do centro. A primeira fase xa foi executada.

Nese proxecto de mellora da mobilidade aínda están pendentes outras dúas fases, para as que aínda non se marcou data.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí