Os socialistas intentarán no Parlamento Galego desbloquear a Mancomunidade do Salnés

SALNES> Os alcaldes do PSOE do Salnés volven manifestarse ante a parálise que sofre a mancomunidade. Acusan a Durán de poñer en perigo o futuro do ente comarcal por non acatar o resultado electoral. Levarán o asunto ao Parlamento de Galicia para tentar desbloquear a situación.

O comezo do novo mandato da mancomunidade do Salnés segue estando moi lonxe a pesar de que hai tres meses que tiña que haberse iniciado.  O alcalde en funcións non convocará o leno de constitución ata que se solucione o conflito dos representantes de Meaño. Os alcaldes socialistas volven a manifestarse ante o risco de parálise que corre o ente comarcal.

Segundo os alcaldes socialistas, a secretaria da mancomunidade solicita a Durán que convoque o pleno de constitución ante a desestimación das medidas cautelares. O aprazamento está provocando formen parte do ente comarcal membros que non teñen representación nos concellos.

Os socialistas recordan que a mancomunidade é unha agrupación voluntaria dos concellos do Salnés. Culpan a Durán de poñela en perigo por non querer acatar o resultado electoral.

Mentres valoras as medidas a adoptar para desbloquear a situación pedirán á Xunta que se manifeste neste asusto.

Os socialistas piden respecto para todos os veciños do Salnés, que foron os que decidiron o resultado nas urnas. Aseguran que intentarán cambiar os estatutos para evitar que isto volva a suceder.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí