Ribadumia visibilizará o seu rexeitamento á violencia machista cun lazo humano

RIBADUMIA> Os escolares do Julia Becerra Malvar protagonizan o 25N en Ribadumia. Van facer un lazo humano para visibiliza-lo seu rexeitamento á violencia machista. A iniciativa enmárcase dentro do programa de actos organizados polo Concello con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero. Hai programadas tamén charlas e unha obra de teatro.

Ribadumia visibiliza o seu rexeitamento á violencia de xénero cun variado programa de actos. O alumnado do colexio Julia Becerra Malvar terá este ano un papel descatado. O 25 de novembro, os nenos e nenas do centro van confeccionar un lazo humano diante da Casa do Concello, ó que lle seguirá a lectura do manifesto. Hai tamén programadas varias charlas e unha obra de teatro.

Dende o Concello explican que todas estes iniciativas buscan aportar un grao de area a erradica-la violencia sobre a muller.

Nos servizos sociais do Concello, encargados da planificación do programa, din que cómpre poñe-lo foco na mocidade, educando en valores.

O persoal dos servizos sociais aproveita para lanzar unha mensaxe de esperanza ás vítimas: están á súa disposición para axudar nos peores momentos.

Na campaña deste ano tamén se suma boa parte do comercio local, tinguindo os seus escaparates de loito coa campaña ‘Ribadumia en negro’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí