CAMBADOS> Cambados extremará a vixilancia sobre as terrazas dos locais da vila. O goberno local velará polo cumprimento da ordenanza en vigor. A norma fora consensuada o ano pasado co sector hostaleiro, pero o concello abriu sete expedientes sancionadores o ano pasado polo seu incumprimento. O que preocupa especialmente é que estas instalacións impidan a circulación das persoas con mobilidade reducida.
Cambados extremará a vixilancia das terrazas que proliferan pola vila, especialmente durante o verán. O concello velará polo cumprimento da ordenanza que se aprobara o ano pasado tras consensuala co sector.
Preocupa especialmente no goberno local que as terrazas mal postas dificulten o movemento de persoas con mobilidade reducida.
Dos controis encargaranse os axentes da Policía Local e os técnicos municipais. As sancións poden oscilar entre os 50 e os 300 euros das leves ata os máis de 600 no caso das graves. Un problema que se detectou moito a campaña pasada, foi na recollida das terrazas.
O que ven difícil dende o concello é a ampliación das terrazas na zona da Praza de Fefiñáns e do entorno, a pesares da peonalización que se realizará durante o verán.
O ano pasado o concello de Cambados tramitou sete expedientes sancionadores. Para facer cumprir a norma, o executivo solicita a colaboración cidadá e que os veciños alerten no caso de detectar incumprimentos.











