Un novo caso de roubo con violencia en pleno centro de Pontevedra

PONTEVEDRA> Un home entra a roubar nun establecemento do centro da cidade aproveitando o habitual cambio de quenda. Os feitos producíronse a pasada semana nun centro de fisioterapia situado na rúa Arcebispo Malvar. Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital polas lesións que sufriu ao intentar parar ao ladrón.

As responsables deste centro de fisioterapia teñen aínda o susto no corpo tras sufrir un roubo nas súas instalacións. Todo aconteceu o pasado xoves arredor das 9 da noite. Momento no que un home, aproveitando un intercambio de clases, entrou neste establecemento e tratou de roubar unha mochila.

Nese momento, Joana tratou de arrebatarlle a mochila pero o ladrón, lonxe de fuxir, golpeouna na cabeza.

Un suceso que, sen dúbida, terá consecuencias no día a día das traballadoras do centro.

A responsable do centro tivo que ser trasladada ao hospital polas lesións que sufriu na agresión. Pero, por sorte, todo quedou nun gran susto.