Un obradoiro de corresponsabilidade para fomentar a igualdade entre a xuventude

PONTEVEDRA> Facer a cama, poñer a mesa ou coser un botón. Estas son algunhas das tarefas que tiveron que realizar esta mañá os alumnos da Xunqueira I nunhas sesións de corresponsabilidade. O obxectivo, romper estereotipos e fomentar a igualdade entre os máis pequenos.

Romper cos estereotipos e cos roles preestablecidos a nenos e nenas. Ese é o obxectivo deste obradoiro de corresponsabilidade. Unha iniciativa do Consello de Igualdade do Instituto a Xunqueira I e dirixida aos alumnos de 1º e 2º da ESO.

Educar aos máis pequenos é a base para conseguir unha sociedade igualitaria. Por iso é tan fundamental inculcar determinados valores entre os máis mozos.

Facer a cama, cambiarlle o cueiro ao neno ou coser un botón. Estas son algunhas das tarefas que hoxe aprenderon neste obradoiro.

Os obradoiros de corresponsabilidade do Instituto a Xunqueira I culminarán o vindeiro 25 de novembro coa celebración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a muller.