Os froitos do bosquen buscan oco entre os cultivos do Salnés

CAMBADOS> Os froitos do bosque buscan un oco no medio rural. Hoxe celebrouse en Cambados unha xornada técnica centrada no seu cultivo sostible. E atendan porque a comarca do Salnés reúne as condicións óptimas para plantalas.

Moras, arandos ou framboesas buscan un oco nas plantacións da comarca do Sanlés. Os froitos do bosque teñen moito potencial no medio rural. Son un produto cheo de vantaxes e que, ademais, cada vez ten maior demanda.

O seu cultivo resulta positivo para o rural por moitos motivos: poden recuperar terreos abandonados, fixan poboación, evitan incendios forestais e, ademais, crean traballo e riqueza.

Esta mañá clebrouse en Cambados unha xornada técnica sobre o cultivo sostible destes froitos.  A comarca do Salnés é un bo lugar para o cultivo de froitos vermellos, ben sexa para novos emprendendores ou como complemento a outras producións, como o sector vitivinícola.

Esta xornada forma parte dun programa impulsado pola Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación Sectorial Forestal Galega. O convenio entrambas entidades inclúe asesoramento presencial e a distancia sobre o cultivo de froitos do bosque.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí