PONTEVEDRA> “Desartellando o Amor Romántico”. Ese é o título da nova exposición que, dende hoxe, está dispoñible na Praza de Ourense de Pontevedra. Unha mostra itinerante creada por 4 fotógrafas da cidade e coa que se pretende poñer fin a nociva mitoloxía do amor romántico.
Matrimonios que duran no tempo por cuestións sociais ou relixiosas. Crer que os celos son un sinal de amor. Ou pensar que a rana se converterá en príncipe. Falacias cotiás que, co paso do tempo acaban converténdose na semente da violencia machista. Para sensibilizar á cidadanía nesta e outras realidades, o Concello de Pontevedra inaugurou hoxe esta exposición enmarcada no 25N.
Beatriz Císcar, Cristina Saiz, Lorena Oliver e Cristina Pontanilla. Elas son as 4 autoras destas imaxes. Fotografías que pretenden poñer fin a nociva mitoloxía do amor romántico.
Esta exposición permanecerá na Praza de Ourense ata o día 23. A continuación, trasladarase a outros puntos da cidade e a todas as parroquias do rural.