Invisibles en Caldas para concienciar na loita contra a violencia de xénero

CALDAS> Unha obra de teatro para loitar contra a violencia de xénero. A Deputación de Pontevedra leva a Caldas a representación de Invisibles. Unha obra sobre a vida de tres mulleres vítimas da violencia machista. Á representación acudiron máis de 160 escolares.

A violencia non se loita un día ano, se non todos. Con esta frase a presidenta da Deputación de Pontevedra presentaba en Caldas a representación de Invisbles. Unha obra de teatro que o ente autonómico levou á vila termal para concienciar aos máis mozos.

Invisibles é unha obra de Redum Teatro que trata sobre tres mulleres que foron vítimas da violencia de xénero.

Á representación asistiron máis de 160 alumnos dos diferentes centros educativos de Caldas. Con esta obra a Deputación busca traballar a loita contra a violencia de xénero dende a educación.

Tanto a Deputación como o concello agardan que a obra cale nos mozos e os conciencie á vez que os mobilice a loitar pola igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí