A carreira ‘Mar de Boiro’ aspira a achegarse ós oitocentos participantes

BOIRO> Esta mañá tiña lugar a presentación oficial da décimo quinta edición da carreira Popular Mar de Boiro-13º Memorial Pepe Buceta. Na proba, que se desenvolverá este próximo domingo 1 de decembro, prevese unha participación próxima ós 800 corredores, sumando tódalas categorías.

Baixo a organización do Departamento de Deportes este próximo domingo disputarase a XV Carreira Popular ‘Mar de Boiro’. 13º Memorial Pepe Buceta. A proba está integrada nos Circuítos de Carreiras da Deputación da Coruña e no de Arousa Norte. Haberá tres percorridos diferentes dependendo da categoría en competición.

dende o Concello destacaron a importancia desta carreira, á que ademais do seu carácter deportivo se suma o seu carácter emocional, ó renderse homenaxe á figura de Pepe Buceta, un destacado deportista local, que tiña no atletismo unha das súas paixóns.

Á falla dun único día para o peche das inscricións xa hai anotados ó redor duns 700 participantes. Dende a organización agardan superar as cifras de edicións anteriores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí