O BNG reclámalle á Xunta 30 millóns de euros para a comarca do Salnés

O SALNÉS> O BNG reclámalle 30 millóns de euros á Xunta para a comarca do Salnés. Os nacionalistas van presentar unha batería de emendas ó borrador dos orzamentos do executivo galego para 2020. Poñen sobre a mesa unha trintena de proxectos que, segundo din, son imprescincibles para a comarca. Entre eles, a construción de novos centros de saúde en Vilagarcía e O Grove ou a recuperación urxente dos bancos de libre marisqueo.

O BNG vai presentar unha serie de enmendas ó borrador das contas do ano que vén centradas na comarca do Salnés. Reclaman a posta en marcha de máis de 30 actuacións concretas que cifran nun investimento de máis de 30 millóns de euros. Para os nacionalistas, a Xunta esquécese de novo da comarca do Salnés.

Un dos asuntos que máis preocupa ós nacionalistas é a situación da sanidade na comarca. Recalaman un segundo técnico para a ambulancia medicalizada e máis persoal para o Hospital do Salnés e para o PAC de Baltar en Sanxenxo. Urxen tamén á construción e renovación de varios centros de saúde da zona.

O Bloque tamén lanza unha batería de emendas relacionadas co mar, un sector que consideran clave para a economía da zona e a creación de empregro. Ademais dun plan para a recuperación e mellora produtiva do marisqueo, que cifran en dous millóns de euros, propoñen investir outros 3 millóns n a recuperación dos bancos de libre marisqueo.

Os nacionalistas tamén reclaman actuacións en varios centros educativos da comarca, centros de día en Meaño, O Grove e Vilanova e que se inicie se comece a deseña-lo desdobramento da vía rápida entre Sanxenxo e O Grove para convertelo en autovía. Ademais, urxen á demolición do encoro da Baxe, en Caldas, e a que se leve a cabo un estudo sobre o impacto da toxicidade do Umia.