600 arousáns con discapacidade agardan por un emprego

VILAGARCIA> Os prexuízos son, aínda a día de hoxe,  a principal dificultade para que unha persoa con discapacidade  acceda ó mundo laboral. A Fundación ONCE abriu hoxe a súa nova oficina de Orientación Laboral en Vilagarcía. En toda a nosa contorna, máis de 600 persoas con discapacidade forman parte xa dunha bolsa de emprego da organización.

Acceder ó mundo laboral non é doado para ninguén, moito menos para unha persoa con discapacidade. Na nosa contorna hai uns 600 discapacitados agardando por un emprego inscritos nunha bolsa de traballo da Fundación ONCE. Aínda a día de hoxe, os prexuízos, son a principal eiva para a súa contratación.

O problema agrávase, aínda máis, no caso das mulleres con discapacidade.

Esta mañá a Fundación ONCE abría, por vez primeira, as portas da súa nova oficina de orientación laboral en Vilagarcía. Ademais de asesorar ás persoas con discapacidade, pretende implicar ás PEMES da cidade e incentivar proxectos emprendedores.

As novas instalacións están situadas en Fexdega, a través dunha colaboración co Concello de Vilagarcía. Estará aberta tódolos xoves en horario de mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí