O mirador Pico Muralla aspira a converterse nun referente turístico no Barbanza

LOUSAME> Hai uns días iniciábanse as obras de construción do miradoiro do Pico Muralla. A actuación impulsada conxuntamente polos concellos de Lousame e Rianxo  é posible grazas a unha subvención do Agader duns 40 mil euros.

Esta mañá a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, visitaban as obras que se están a levar a cabo no alto do Pico Muralla que permitirán a construción dun miradoiro. A actuación é posible grazas ó empeño dos dous concellos, e tamén a unha subvención do Agader que con 40 mil euros financiará e parte o seu custe. Unha vez rematada, o espazo converterase sen dúbida algunha nun dos principais recursos turísticos da zona. O alto do Pico da Muralla ofrece unhas vistas espectaculares. Dende alí pode divisarse toda a ría de Arousa e a de Muros Noia, pero tamén Santiago. Unha panorámica amplísima ó alcance de moi poucos miradoiros.

Se todo marcha sobre o previsto a actuación estará rematada no prazo dun mes aproximadamente. Dende os dous concellos agradeceron tamén a implicación da Comunidade de Montes de Campelo, en cuxos terreos se habilitará un aparcadoiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí