RIANXO> A pesar de que Rianxo non é un dos concellos da zona con peores rexistros nesta nova ola da pandemia, a suba de casos tamén preocupa ó Concello. O alcalde, Adolfo Muíños, manda unha mensaxe de responsabilidade ós veciños, e pide que se sigan cumprindo as medidas sanitarias para evitar o incremento de casos no municipio.
Segundo el a situación pode empeorar en calquera momento, coñecedor da relación que manteñen os distintos concellos da zona.
Muíños sinala ademais que calquera paso atrás significaría tamén un golpe definitivo para hostalería e o comercio local, de aí que faga un chamamento á responsabilidade e a prudencia.