‘The English Study Center’ recadará fondos para AMICOS

BOIRO> A academia The English Study Center celebra mañá o seu Festival Solidario. Nesta nova edición, os fondos recadados irán destinados á asociación AMICOS para a adquisición de material informático.

Non hai Nadal en Boiro no que os alumnos da academia The English Study Center non aporten o seu grao de area a unha causa solidaria.

Este ano, a recadación de fondos irá destinada á asociación AMICOS que tamén participará no festival cunha actuación especial.

Ademais de colaborar coa entrada, os asistentes poderán mercar rifas e realizar donativos. Ó remate das actuacións, sortearanse diversos produtos doados por empresas locais e dúas cestas de Nadal financiadas e confeccionadas por empregadas da conserveira Ángel López Soto. Dende o concello animan a toda a veciñanza a sumarse a esta causa solidaria

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí