O PP denuncia o mal estado da pérgola existente no parque da Cachada

BOIRO> O Partido Popular de Boiro denuncia de novo o abandono no que se atopan varias instalacións municipais.

Neste caso poñen o acento no estado no que se atopa a pérgola existente no parque da Cachada, a carón da casa de cultura.

Para os populares este é un exemplo máis da deixadez do equipo de goberno.

Esa falla de mantemento é evidente tamén noutros espazos e instalacións municipais.

O PP tamén denunciou o estado no que se atopan as pistas de tenis e a de skate de A Boqueira de A Negral.

Os populares tamén se queixan dun vertidos que se están a realizar diante da entrada do parquing de A Boqueira de A Negral, ó parecer procedentes dos restos recollidos pola varredora municipal.