ACERGA demanda cupos diarios para evitar a caída dos prezos

    PORTO DO SON> Indignación entre a flota cerqueira ante a caída dos prezos do xurelo que chegou a pagarse a un céntimo o quilo nas lonxas do Barbanza. Dende ACERGA volven demandar o establecemento de topes diarios para non ter que regalar o peixe.

    José Blanco entende que esta caída dos prezos pode dar argumentos á Comisión Europea para aplicar unha dura política de recortes  como a proposta para o 2020 que suporía unha redución de máis do corenta por cento dos TAC do xurelo.

    A nota positiva para o vindeiro ano vén da man das sardiña tras constatar a recuperación do caladoiro, que se traducirá nun aumento das cotas tras anos con cupos reducidos para lograr o incremento do stock da especie.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí