‘Mestres peludos’ para educar en valores

PONTEVEDRA> O día de cole foi moi diferente hoxe para os nenos das Doroteas. Os seus mestres habituais foron substituídos por Uma, Trufa, Eco e Goofy. Catro cans que lles transmitiron coñecementos diferentes pero moi importantes: valores como o respecto, a solidaridade ou o traballo en equipo. Vexan.

Uma, Trufa, Eco e Goofy foron esta mañá os protagonistas indiscutibles da xornada no colexio das Doroteas.

Preto dun cento de nenos atenderon a clase destes mestres tan especiais, que entre mimos e chuches transmitiron aos seus alumnos mensaxes moi importantes.

Todo transcorreu baixo a atenta mirada das súas guías. As monitoras de Yaracán Galicia, unha organización dedicada a intervencións asistidas con cans de terapia, converteron a sesión nunha actividade que desfrutaron nenos e peludos.

A sesión foi promovida pola concellería de Benestar Animal de Pontevedra. As Doroteas foi a primeira parada da actividade, que continuará a súa xira por outros centros da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí