OUTES> Esta mañá producíase un accidente laboral en Outes con resultado tráxico. Un traballador dunha empresa que realizaba labores de mantemento nunha torre de alta tensión nunha zona de monte no lugar de Gosende, na parroquia de Valadares, perdía a vida, ó precipitarse ó chan dende unha altura considerable.
O seu compañeiro resultou tamén ferido de gravidade.
O accidente producíase ó redor das dez desta mañá. Ata o lugar do sinistro trasladáronse Protección Civil de Outes e Mazaricos, Garda Civil, bombeiros dos parques comarcais de Boiro e Xallas, así como tamén o 061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para trasladar ó traballador ferido ata un complexo hospitalario.