A veciñanza da Portela denuncia a perigosidade da EP- 508

BARRO> A veciñanza da Portela, en Barro, denuncia a perigosidade para os vehículos e peóns na estrada provincial 508. A plataforma considera que os traballos da deputación foron insuficientes. Piden unha estrada máis digna, segura e con máis servizo.

A veciñanza da Portela de Barro comezou o domingo a mobilizarse ante a perigosidade da estrada provincial 508 e da PO 224.  As estradas percorren polo centro da parroquia, coincidindo ademais, cunha senda do camiño de Santiago. Para reclamar medidas crearon a plataforma veciñal da Portela.

As estradas son transitadas por moitas persoas cada día. Ademais a estreitura das estradas tamén dificulta a condución dos vehículos. Son moitos os perigos que esta rúa ten para os que a transitan.

As reivindicacións chegaron aos partidos políticos. PP e PSOE cruzáronse acusacións nos últimos días. A titular da estrada é a Deputación que asegura que ten un proxecto para a zona. Os veciños piden ao ente provincial que non faga máis chapuzas.

Dende a plataforma son claros, queren unha estrada digna, segura e cos servizos necesarios.

A do domingo foi a primeira mobilización que fixo a plataforma, pero aseguran que seguiran manifestándose cada dúas semanas se non se toman medidas.