Os Palleiros suspende as adopcións dos cachorros para evitar que sexan tratados como xoguetes

PONTEVEDRA> No Nadal aumentan cada ano as adopcións de animais. Un feito que, en moitas ocasións, provoca un efecto rebote ao rematar estas datas festivas. Por iso, para concienciar á cidadanía con que os cans non son un xoguete, a protectora Os Palleiros decidiu suspender as adopcións dos cachorros durante este mes. Unha decisión que se repite ano tras ano e que provoca sempre diversidade de opinións.

Decembro é por excelencia o mes das adopcións. Nestas datas, eles soen ser un dos agasallos máis demandados nas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos. Sen embargo, o feito de tratar a estes animais como un mero xoguete provoca cada ano un aumento no número de abandonos ao rematar as festas de Nadal. Para evitalo, a protectora Os Palleiros decidiu suspender as adopcións dos cachorros.

Os datos no número de abandonos melloran cada ano. Sen embargo, dende Os Palleiros cren que aínda falta moito para que a cidadanía deixe de tratar aos cans como un xoguete de usar e tirar.

As adopcións dos cachorros suspéndense nestas datas pero nesta protectora hai tamén moitos adultos que buscan unha familia.

Actualmente esta protectora ten ao seu cargo uns 130 cans. Cachorros e adultos que buscan un fogar no se poidan quedar de maneira indefinida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí