O Concello cre que a Xunta aprazará “sine die” o proxecto da Variante de Alba por falta de orzamento

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra da por aprazado “sine die” o proxecto da Variante de Alba. Así o anunciou esta mañá o edil César Mosquera, quen achacou este problema a unha falta de orzamento por parte da Xunta de Galicia. Ademais, o nacionalista asegurou estar cabreado e irritado ante a falta de lealdade institucional.

Esta é a análise que fai César Mosquera da conversa mantida entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Xunta de Galicia. O edil nacionalista está convencido de que o goberno autonómico aprazará “sine die” o proxecto da variante de Alba por falta de orzamento.

Malia que o Concello asegurase o pasado venres que xa estaba desbloqueado o proxecto, o certo é que esta mañá Mosquera volveu a crear incerteza sobre o futuro da variante de Alba. O edil nacionalista cre que non hai vontade por parte da Xunta de Galicia de inverter en Pontevedra así como tampouco outras opcións viables.

César Mosquera asegurou estar cabreado e irritado ante a falta de lealdade institucional por parte da Xunta de Galicia.

A pesares destas acusacións, Mosquera pide que haxa un cambio de postura e asegura que o goberno municipal está aberto a colaborar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí