A antiga ponte do ferrocarril en Pontevedra, máis preto de converterse nun privilexiado balcón sobre o Lérez

PONTEVEDRA> A antiga ponte do ferrocarril, en Pontevedra, máis preto de converterse nun privilexiado balcón sobre o río Lérez. O concelleiro de Desenvolvemento Sostible explica que os traballos de rehabilitación avanzan a bo ritmo, co obxectivo de transformar esta infraestrutura en desuso nunha plataforma de tránsito peonil e ciclista. Nun futuro ademais está previsto que esta ponte sexa o nexo entre a futura Vía Verde entre Vilagarcía e Pontevedra.

Moi pronto os pontevedreses poderán gozar destas espectaculares vistas. A concellería de Desenvolvemento Sostible avanza no proxecto de rehabilitación da antiga ponte do ferrocarril.

A actuación está financiada con fondos europeos EDUSI e conta cun orzamento de 200.000 euros. O proxecto contempla intervir tamén sobre a ponte, substituíndo a pedra por un paseo formigonado.

As obras continuarán xa nunha segunda fase, que desta volta fará da ponte un nexo entre as dúas beiras do río.

Esta intervención incluirase xa nos fondos destinados á creación da futura Vía Verde entre Vilagarcía e Pontevedra. Un proxecto que conta con financiamento europeo, a través do Plan de Sostibilidade Turísticas en Destino.

Se o tempo acompaña, a intención é que as obras desta primeira fase estean rematadas a finais do mes de abril. Un primeiro paso para un proxecto máis ambicioso, que se completará cun millón de euros máis de fondos europeos concedido para investir no Ben de Interese Local das Aceñas do Lérez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí