A rotura dunha tubaxe na rúa Peregrina provoca inundacións nos comercios da zona

PONTEVEDRA> A rotura dunha tubaxe na rúa Peregrina inunda varios establecementos da zona. Os feitos rexistráronse arredor dás 4:00 da madrugada cando un veciño alertou á Policía Local. Esta avisou á empresa concesionaria e procedeu a pechar a canalización. Sen embargo, os danos causados nos locais comerciais da rúa son incalculables.

Así espertaron esta mañá os veciños e os comerciantes da rúa Peregrina. A rotura dunha tubaxe de fibrocemento levou por diante varios locais da zona. Os feitos rexistráronse ás 4:00 horas da madrugada, cando un veciño deu a voz de alarma. A Policía Local avisou a empresa concesionaria e procedeu ao peche da canalización. Trátase dunha tubaxe antiga de 250 mm que se atopaba a metro e medio de profundidade.

A pesares de que os feitos se rexistraron ás 4:00 horas da madrugada, non foi ata primeira hora da mañá cando os comerciantes da zona decatáronse do incidente. O local máis afectado foi este. A auga e o barro entraron ata o fondo desta libraría, levándose por diante gran parte do material.

Os operarios trasladáronse a primeira hora ata o lugar para tratar de reparar os danos causados. Uns danos incalculables para estes comerciantes.

En 2009 os locais comerciais desta rúa xa sufriran unha inundación. Naquel momento, a rotura rexistrouse noutra tubaxe diferente. Sen embargo, os comerciantes aseguran que non é a primeira vez que denuncian ao Concello o mal estado da canalización.

O goberno municipal decidirá nos vindeiros días se é necesario substituír ou non toda a tubaxe. En canto os danos ocasionados, será o seguro da empresa Viaqua a que se fará cargo dos gastos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí