PONTEVEDRA> As eleccións municipais están próxima e iso vaise notando cada vez máis na actividade dos partidos políticos. Hoxe percorreu varias cidades galegas o voceiro de campaña do Partido Popular, Borja Sémper. Acompañado polo vicesecretario de Organización Territorial, Miguel Tellado, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, fixeron varias paradas en Galicia para apoiar aos seus candidatos de cara aos comicios do mes de maio. Unha destas paradas foi Pontevedra. Aquí, a comitiva percorreu o centro da cidade guiada polo alcaldable popular, Rafa Domínguez.
Inicio Municipais 2023