Asampo trasladará este sábado a “bolsa dos desexos” a Santiago de Compostela

PONTEVEDRA> A Asociación de Amigos da Pontevedrada levará a cabo este sábado unha andaina ata Compostela para transportar a “bolsa dos desexos”. Esta iniciativa busca fomentar a doazón de órganos entre a cidadanía ao mesmo tempo que se trasladan as peticións e esperanzas de centos de persoas.

Centos de persoas camiñarán este sábado dende Tui ata Compostela para trasladar a “Bolsa dos desexos”. Unha bolsa na que irán dentro anhelos, esperanzas e peticións co obxectivo de regalar vida e de fomentar a doazón de sangue, órganos e tecidos.

Esta iniciativa naceu da Asociación de Amigos da Pontevedrada e xurdiu como substitución á actividade “Desexos do Ceo”.

Din que se dicimos os nosos desexos en alto, estes non se cumprirán. Pero nesta ocasión, oxalá se fixesen realidade todas estas peticións.

A andaina deste sábado comezará ás 8h da mañá en Tui. A iniciativa de Asampo completarase coa instalación dunha mesa informativa en Pontevedra. O horario será de 16h a 20h e terá lugar na praza da Peregrina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí