MADRID> Arousa Norte tivo tamén presenza en Fitur. No acto no que tomaron parte os alcaldes dos catro concellos que integran a entidade: Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo presentouse a historia do percorrido terrestre da ruta marítima da Traslatio que percorre esta comarca, reivindicando así o seu papel como parte da orixe da tradición Xacobea.
No acto proxectouse ademáis un video que recolle precisamente parte desa ruta de tradición milenaria que lembra a chegada dos restos do Apóstolo Santiago a Compostela e a súa vinculación co Barbanza, recollida a través de numerosa documentación e patrimonio. Aspectos todos eles que ata o de agora pasaron desapercibidos.
A Mancomunidade e a Asociación de Amigos do Camiño do Barbanza traballan da man na oficialización desta ruta, poñéndose coma meta o Xacobeo 21 e aproveitar así o tradición do Ano Santo.